Saturday, 22 November 2008

Wild Rovers na Bancada...Tres Puntos








O Celta gañou tres partidos no que vai de liga. Neses partidos había a lo menos un Wild Rover na bancada.
Celta - Tenerife, Celta - Salamanca e Córdoba -Celta, son os partidos onde a lo menos un membro da nosa peña estivo apoiando ó Celta. Poderiamos decir que temos sorte porque vimos gañar ó noso equipo. Ben, tamén poderiamos decir que o Celta gañou porque un de nos estaba alí.
Quizás e a maxia da bandeira Irlandesa, quizás que traemos sorte... quizás...
As malas novas e que ningún membro de Wild Rovers vai estar este domingo en Valencia. As boas son que algúns estarán en Balaidos no partido contra da Real Sociedade. Podedes apostar a que gañaremos ese partido.
Oh when the Celts!!!!!!

Sunday, 19 October 2008

Deja Vu


Celta 2
Alacante 2
Huesca, Elxe, Alacante...tanto ten contra que equipo xoguemos. En casa ou fora, que máis da... É o mesmo, sempre a mesma vella historia dende que Pepe Murcia fíxose cargo do equipo do Celta. Parece coma se Murcia gostara de xogar o papel do máis feble. E a bo fé que o acada. É dificil lembrar ó Celta xogando tan mal e dun xeito tan covarde ó longo dos seus 85 anos. Só a recesión e a falla de cartos poden explicar que Murcia inda non fora cesado.
A primeira metade debería ser grabada para ensinarlle ó rapaces o que non deben facer se queren ser futbolistas. Renán marcou o pouco de comezar a segunda metade, e entón Pepe Murcia ordeou ós seus xogadores recuar e tratar de manter o 1-0. Por suposto o Alacante non tardou en acadar o tanto da igualada... e voltar a marcar ante a cara de parvo de Murcia. O Alacante incluso errou un penal que Notario chapou por segunda vez esta tempada. Ghilas marcou cando no reloxo xa pasaban os catro minutos de tempo engadido e quizais salvou a cabeza de Murcia por unha semana máis.
O Celta non pode permitirse ter a Murcia por moito máis tempo. O desceso é o único obxectivo na axenda de Pepiño.
2 - Celta de Vigo: Notario; Lucas (Edu Moya, m.74), Fajardo (David Rodríguez, m.80), Peña, Rubén, Fabiano; Trashorras, Vila, Renán, Ghilas, Dinei.
2 - Alicante: Unanua, Germán, Urbano, Castells, Rubiales, Blanco, Buades, Alan (Tito, m.62), Capi (Ismael, m.48), Azkoitia, Francisco

Sunday, 12 October 2008

Outro ladrillo no muro


Elxe 1
Celta 1
Otra vez o muro, outra vez un só punto. Pepe Murcia volveu aliñar hoxe un equipo moi defensivo a pesares de xogar contra do colista.
O Elxe marcou primeiro logo dun erro de Rosada que ningún defensor foi quen de arranxar. O Celta tivo que agardar ata o segundo tempo para marcar. Trashorras, dende o punto de penalti acadou o único gol do Celta da tarde e o único a domicilio no que vai de tempada.
O Celta amosou mellor xogo logo do gol, e errou algunhas ocasións claras para marcar. Dinei e Fajardo tiveron un par delas, pero nos derradeiros intres foi Notario quen detivo dúas boas ocasións do Elxe que poideron terlle dado os tres puntos o equipo de David Vidal.
Dous partidos seguidos fora, dous puntos. Non está mal se se acada a victoria no vindeiro encontro na casa.
1-Elche: Caballero, Óscar Rubio, Olmo, Samuel, Raúl Fuster (Zubiaurre, min.55), Dani Benítez (Rubén Pérez, min.71), Acciari, Usero, Santos (Saúl, min.71) y Miguel.

1-Celta: Notario, Rubén, Peña. Noguerol, Fajardo, Vila, Rosada (Michu, min.71), Fabiano, Trashorras, Danilo (Óscar Díaz, min.71) y Dinei (David, min.83).

Friday, 10 October 2008

Sorteo da Copa


Celta v Español
O unico equipo cun Irlandés nas súas filas, será o rival do Celta na vindeira rolda da Copa do Rei. Stephen Finnan chegou este ano ó equipo barcelonés cedido polo Liverpool.
O partido de ida desta rolda da Copa xogarase en Balaidos o mércores 29 de Octubro e a volta en Monjuit dúas semanas despois.

Thursday, 9 October 2008

O seguinte, por favor


Celta 2
Real Sociedade 0
O mellor Celta da tempada foi quen de derrotar á Real Sociedade e acadar o pasaporte para a vindira rolda da Copa.
O equipo Vigués amosou a súa mellor versión con Trashorras coma xefe do medio campo e Dinei de matador.
A nova táctica de 5 defensas, permitiron os laterais axudar ós centrocampistas e dianteiros mentras Falcón non tivo moito traballo que facer.
O vindeiro Venres terá lugar o sorteo da seguinte rolda onde o Celta xogará contra dun equipo de primeira división. Esta será xa unha eliminatoria a dous partidos e o primeiro xogarase en Balaidos o 29 de Novembro.
2-R:C.CELTA: Falcón, Rubén, Peña, Noguerol, Lucas (Dani Abalo, min.85), Jonathan Vila, Michu, Fabiano, Trashorras, Danilo (Roberto Lago, min.87) y Dieni (David, min.70).

0-R.SOCIEDAD: Zubikarai, Mikel, Markel, Labaka, Gerardo, Marcos (De Cerio, min .70), Necati, Dramé, C.Martínez (Sío, min.70), Estrada y Moha

Monday, 6 October 2008

San Notario


Huesca 0
Celta 0
O punto acadado polo Celta foi a única boa nova na tarde do domingo. Notario foi a clave do encontro o parar un penalti e a lo menos outras dez claras ocasións dos hoscenses.
Pepe Murcia aliñou un equipo moi defensivo, con catro defensas e tres medio centros defensivos, máis os xogadores do Huesca foron quen de atopar sempre un camiño entre as liñas célticas e só a boa sorte permitiulle o Celta sobrevivir.
Rubén merece unha mención especial. El é, quizais, o peor defensa na historia do Celta. É incrible que ainda estea a vestir estas cores, e só Murcia sabe por qué é titular cada fin de semana.
Este é o camiño trabucado cara ó ascenso, pero igual Murcia tiña razón cando dixo que o único obxectivo e evitar o descenso a 2b.
0-S.D. HUESCA: Eduardo, Robert, Paco Borrego, Dorado, Camacho, Luis Helguera, Sastre (Erice, min.81), José Vegar (Ramón, min.65), Vara (Rodri, min.65), Rubén Castro y Roberto.
0-R.C.CELTA: Notario, Edu Moya, Rubén, Peña, Fajardo, Rosada, Renán (Trashorras, min.46), Jonathan Vila, Óscar Díaz (Dani Abalo, min.74), Ghilas y David Rodríguez (Maris, min.87).

Tuesday, 30 September 2008

Ghilas, Ghilas


Celta 2
Tenerife 1
Dous goles do futbolista Arxeliano deronlle ó Celta os seus primeiros tres puntos da tempada. Despois de caseque medio ano, Balaidos poido voltar a rir. Oito minutos foron dabondo para que Kamel Ghilas atopara un camiño entre a defensa do Tenerife, por o balón por riba da cabeza do porteiro e marcar o primeiro gol da tarde.
Todos os xogadores mereceron esta victoria. Pelexaron cada balón, correron sen descanso e sufriron ata o derradeiro intre para manter o resultado. Peña e Rubén foron capaces de parar a calquera xogador do Tenerife que se achegase á área, Rosada e Renán fixeronse os amos do centro do campo e David Rodriguez fixo un traballo perfecto no campo rival.
A pouco de comezar o segundo tempo, Ghilas marcou de novo tras un balón longo de Fajardo, que David Rodriguez pelexou e Ghilas puxo a bola aló onde as arás teñen as súas telas.
O encontro semellaba rematado, pero isto é Balaidos, e o Tenerife marcou cando ainda había vinte minutos ata o pitido final. Vellos medos voaron sobre o estadio, pero o Celta foi quen de manexar o resultado e a primeiroa victoria da tempada.
2 - Celta :Notario; Edu Moya, Peña, Rubén, Fajardo; Rosada, Renán; Oscar Díaz (Noguerol, m.77), Roberto Trashorras (J. Vilas, m.73), Ghilas (Dani Abalo,m.82); David Rodríguez.
1-Tenerife:Luis García; Marc Bertrán, Juanma (Iriome, m.59) Luna (Angel, m.70), Héctor; Manuel Martínez; Alfaro, Ricardo, Richi (Oscar Pérez, m.85), Kome; Nino.